Gerard Piqué
(2015, Qatar) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (ca) Gerard Piqué i Bernabeu | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de febreiro de 1987 (37 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente Kosmos Holding | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2017 – | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Barcelona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Escola La Salle Bonanova Ashton-on-Mersey School | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,94 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 85 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, empresario | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 26 de outubro de 2004 - 5 de novembro de 2022 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League e Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | Copa Confederacións Suráfrica 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parella | Clara Chia Martí (2022–) Shakira (2010–2022) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Milan Piqué Mebarak () Shakira Sasha Piqué Mebarak () Shakira | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Montserrat Bernabeu | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | gerardpique.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes,[1] no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Xogou en todas as categorías inferiores do FC Barcelona, con todo asinou o seu primeiro contrato profesional co Manchester United un dos clubs do fútbol profesional inglés onde se puido formar como profesional.
Manchester United
[editar | editar a fonte]Debutou co primeiro equipo do Manchester United en outubro de 2004 substituíndo a John O'Shea na vitoria do equipo red por 0-3 ante o Crewe Alexandra, na terceira rolda da Carling Cup[3],
Asinou o seu segundo contrato cos ingleses en febreiro de 2005, logo de ter varias boas actuacións no equipo reserva do equipo de Manchester. O seu debut como titular no primeiro equipo chegou o 26 de marzo de 2006, nun partido de Premier League ante o West Ham United.
Real Zaragoza
[editar | editar a fonte]No verán de 2006, o Manchester United e o Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión do xogador por unha tempada. Xogou 22 encontros de titular co equipo zaragozano, formando no centro da defensa xunto ao arxentino Gabriel Milito. Tamén actuou na posición de mediocentro defensivo con solvencia. Finalizan na 6ª posición clasificándose así para disputar a Copa da UEFA.
Volta ao Manchester United
[editar | editar a fonte]O Manchester anunciou en maio de 2007 que Piqué volvería á entidade inglesa tras a súa boa tempada en España[4]. Piqué entrou a formar parte do primeiro equipo. Marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións da UEFA o 7 de novembro de 2007, ante o Dynamo de Kíiv de Ucraína na fase de grupos. Volveu marcar en devandita competición o 12 de decembro, fronte ao AS Roma. Esa tempada conseguiu o título da Premier League co Manchester United e tamén a Liga de Campións da UEFA da tempada.
FC Barcelona
[editar | editar a fonte]O 27 de maio de 2008, Piqué asinou un contrato de 4 anos co FC Barcelona cunha cláusula de 50 millóns de euros[5]. Da man do técnico Pep Guardiola, Piqué converteuse nun dos activos máis importantes para a defensa "azulgrana". O equipo catalán asinou unha primeira volta histórica, conseguindo 50 puntos.
O 2 de maio de 2009 anotou o sexto gol na goleada por 2-6 que o FC Barcelona conseguiu fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.
O 13 de maio de 2009 foi titular na final onde o seu equipo proclamouse campión da Copa do Rei, partido que venceu o club blaugrana por 1-4 enfrontándose ao Athletic Club de Bilbao. O 16 de maio de 2009, gañou o seu primeiro título de Primeira División de España, ao perder o Real Madrid por 3-2 fronte ao Villarreal CF, sendo campión matematicamente o FC Barcelona.
Esa mesma tempada, o 27 de maio de 2009 formaría parte do once titular do FC Barcelona que disputou a final da Liga de Campións da UEFA, precisamente contra o seu exequipo, o Manchester United, no Estadio Olímpico de Roma. O FC Barcelona venceu por 2-0, conseguindo así Piqué a súa segunda UEFA Champions League consecutiva grazas aos goles de Eto'o e o arxentino Messi.
O 26 de febreiro de 2010, Gerard Piqué renovou[6] o seu contrato co FC Barcelona ata 2015 cunha cláusula de rescisión de 200 millóns de euros.
Internacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional en 14 ocasións coa selección de España. Debutou, como titular, o 11 de febreiro de 2009 nun partido amigable ante Inglaterra no Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla. O 28 de marzo de 2009, no seu segundo partido internacional, no Estadio Santiago Bernabéu ante Turquía, anotou o seu primeiro gol coa camiseta de a vermella.
O 11 de xullo de 2010 xogou a final do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, proclamándose campión. Gerard Piqué, Iker Casillas e Joan Capdevila foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os partidos do Mundial.
Tamén xogou en 3 ocasións coa Selección de fútbol de Cataluña, aínda que sen marcar ningún gol. A última ocasión foi o 22 de decembro de 2009 contra a Selección Arxentina de fútbol onde gañaron 4-2 baixo as ordes de Johann Cruyff.
Clubs
[editar | editar a fonte]Actualizado o 15 de maio de 2010
Club | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Manchester United | Inglaterra | 2004 - 2006 | 3 | 0 |
Real Zaragoza | España | 2006 - 2007 | 28 | 3 |
Manchester United | Inglaterra | 2007 - 2008 | 12 | 2 |
FC Barcelona | España | 2008 - presente | 87 | 7 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato de Europa Sub-19 | Selección sub-19 | España | 2006 |
Liga de Campións da UEFA | Manchester United | Inglaterra | 2008 |
Liga de Campións da UEFA | FC Barcelona | España | 2009 |
Supercopa de Europa | FC Barcelona | España | 2009 |
Copa Mundial de Clubs da FIFA | FC Barcelona | Abu Dabi | 2009 |
Copa Mundial de Fútbol | Selección española | Suráfrica | 2010 |
Distincións Individuais
[editar | editar a fonte]- Premio Don Balón ao xogador revelación da Liga 2008-2009.
Vida privada
[editar | editar a fonte]O pai de Piqué, Joan é avogado e a súa nai Montserrat é directora dun hospital.[7] O seu avó, Amador Bernabéu, foi vicepresidente do FC Barcelona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FCBarcelona.com - Tres títulos e un montón de curiosidades". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 28 de maio de 2009.
- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ "BBC.com - Crewe 0-3 Man Utd". Consultado o 26 de outubro de 2004.
- ↑ "manutd.com - Pique set for OT return". Consultado o 5 de maio de 2007.
- ↑ "FCBarcelona.com - Piqué volve a casa". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010.
- ↑ "Gerard Piqué is back at Camp Nou, the man with Barcelona in his DNA". 25 de Maio 2009. Consultado o 31 de Maio 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Piqué na Web Oficial do FC Barcelona (en castelán).
- Entrevista a Piqué en El País, 5 de maio de 2009 (en castelán),
- Nados en 1987
- Nados en Barcelona
- Defensas de fútbol
- Futbolistas de Cataluña
- Xogadores do Manchester United FC
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol de Cataluña
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial